E que, se total esa saia xa non ía ser para doar?

- E que, se total esa saia xa non ía ser para doar?

- O que ti digas, pero era miña e non tiñas dereito a tirala - resposta Tere enfadada.

- Hai anos que non a pos, dudo moito que che sirva e que mellor maneira de rematar a vida desa prenda que lucir nas cadeiras de outra muller? Porque non, non a tirei Teresita... - di en tono jocoso o home.

- En serio me estás dicindo esto? - di máis enfadada ainda.

- A ver nena, esa muller da que falo é da túa familia, joder... non fai falla que te sulfures deste xeito! - resposta elevando a voz Antonio.

- Nin nena ni ostias, Toño... esa saia era miña e punto pelota! - grita visiblemente alterada.

- Baixa o volume Teresita, que te van escoitar as túas fillas - dixo algo máis calmado o home.

- Non me sae daquel sitio, cona! - cando Tere empeza a blasfemar a cousa ponse moi peliaguda - Grito se me peta, para eso estou na miña casa. Ademáis a onde ostias vai coa saia se non podemos saír da casa?

- Pois, non sei... -

Entón apareceu ela coa saia posta, unha blusa branca de puños desabrochados con un bolso bandoleira cruzado polo torso. A súa filla adolescente vestía moi elegantemente e a saia quedáballe coma un guante, pai e nai enmudeceron vendo como Alicia paseaba polo corredor da casa de un lado a outro para distraerse daquel confinamento.

- Vaiamos tomar café, papá - dixo a rapaza.

- Que dis alma de Dios? Non podemos saír.

- Pois vaiamos á cociña e fixamos estar nunha cafetería.

- Gran idea! - repostaron á vez Antonio e Teresa.

- Non perdamos un intre e tratemos de facer vida normal o volverémonos todos locos.

E alí ficaron tomando café en familia coma se estiveran na cafetería do barrio mentras a outra das fillas xogaba a videoconsola na súa habitación.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Cuando estás cerca, me generas cambios

Esta es la historia de cómo un pelo blanco llegó hasta mi sudadera

Las diferentes perspectivas en la vida