Érase unha vez nun país moi lonxano, moi lonxano

Érase unha vez nun país moi lonxano, moi lonxano un pequeno ser que pouca xente podía ver. Este ser non era malo de por sí pero facía sufrir ás persoas, estaba na súa natureza porque era o seu modo de vida. Vivía nun tubo de ensaio dun laboratorio estadounidense, este ser ao que ser humano denominou Conavirus. Alguén en misión secreta levou ese tubo de ensaio de viaxe a China onde houbo unha transacción monetaria, o portador do maletín co tubo de ensaio trocou este por unha bolsa chea de billes americanos. Pronto aquel tubo de ensaio estivo nun laboratorio de unha cidade china calquera onde científicos locos xogaron a ser Deus e replicaron millóns de veces a este ser.

Un dos científicos que traballaban naquel laboratorio tivo a feliz idea de sacar un dos tubos da seguridade do laboratorio e porse a facer experimentos na casa con diferentes animais. Non se sabe como nin cando eses animais se convertiron en tubos de ensaio andantes, reservorios que din os profesionais do asunto. Os animais non sufrían ningún síntoma e Conavirus crecía e se multiplicaba alegremente sen causar mal a ninguén ata o día no que un capricho do destino fixo que ese virus pasara ao ser humano facéndolle ter uns síntomas pareceidos á gripe. Aquel virus, a diferencia do da gripe, era moito máis rápido e contaxioso e ensesguida saltou de unha persoa a outra invadindo de enfermos a cidade do laboratorio, despois a provincia, logo o país e finalmente a todo planeta. A inmensa maioría da xente pasaba un periodo gripal algo máis grave do habitual pero no caso de algunha persoas con problemas previos de índole coronario ou pulmonar remataban en un fatal desenlace.

A xente organizouse e tratou de evitar propagar ainda máis aqueles contaxios desemesurados e quedaron na casa sen saír. Todo o mundo gardou ese tempo de reclusión e pronto pasou de longo aquel Conavirus facéndose parte da historia do ser humano. Ao ler esto recoñeceredes esta ficción como parte da realidade e tristemente, nos tempos que corren, non todo o mundo está a facer caso das indicacións. Ogallá pronto poida ser este virus unha simple anécdota que nos mandou a casa a reflexionar unha tempada coma quen pon a unha crianza a reflexionar despois dunha trastada.

Comentarios