Érase unha vez nun país moi lonxano, moi lonxano
Érase unha vez nun país moi lonxano, moi lonxano un pequeno ser que pouca xente podía ver. Este ser non era malo de por sí pero facía sufrir ás persoas, estaba na súa natureza porque era o seu modo de vida. Vivía nun tubo de ensaio dun laboratorio estadounidense, este ser ao que ser humano denominou Conavirus. Alguén en misión secreta levou ese tubo de ensaio de viaxe a China onde houbo unha transacción monetaria, o portador do maletín co tubo de ensaio trocou este por unha bolsa chea de billes americanos. Pronto aquel tubo de ensaio estivo nun laboratorio de unha cidade china calquera onde científicos locos xogaron a ser Deus e replicaron millóns de veces a este ser. Un dos científicos que traballaban naquel laboratorio tivo a feliz idea de sacar un dos tubos da seguridade do laboratorio e porse a facer experimentos na casa con diferentes animais. Non se sabe como nin cando eses animais se convertiron en tubos de ensaio andantes, reservorios que din os profesionais do asunto. Os ...